App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

A Festa da Empanada celebra 42 anos de vida na Bandeira o vindeiro 20 de agosto

Coma cada fin de semana (despois do 15 de agosto), volta ao municipio silledense a Festa da Empanada da Bandeira, declarada de Interese Turístico dende o ano 1999. 
O sábado 20 de agosto a localidade da Bandeira celebra a 42 edición da Festa da Empanada, declarada de Interese Turístico. O programa festivo arranca o xoves 18 co XVI Bandeirock Solidario na praza de Camilo José Cela, coas actuacións de A Banda da Tasca, RockaRolla, Tiro na Testa, Kona ke te fixo e DJ Tita.
O venres 19 a partir das 16.30 haberá xogos e actividades para os máis novos e ás 19.00 terá lugar o espectáculo Palabras Máxicas. Tamén a esa hora dará comezo a VI Ruta da Empanadilla nos bares da localidade. O campionato de Interparroquial de Tiro á Corda e a actuación de Fortín da Pomba completan a xornada que remata co XXVIII Esmorga Folk. Polo escenario dun dos festivais máis veteranos do panorama galego desfilarán Tanxuqueiras, Tres Pesos, Meliados e Quempallou.
O sábado día 20 chega a xornada estrela coa 42 Festa da Empanada a partir das seis da tarde na Carballeira. Coa actuación de Xirandola, pregón da ex alcaldesa Paula Fernández Pena e concurso das empanadas máis sabedeiras , con premio nas categorías de profesionais e amas de casa.
Pola noite haberá cea das peñas e verbena coas orquestras Charleston Big Band e América SL.
O domingo 21 abre a xornada o Open Internacional de Petanca (09.00 horas) e e xornada festiva estará amenizada por primeira vez por tres bandas de música: a Banda Artística de Merza, Banda Municipal de Silleda e Recreativa e Cultural de Bandeira. Remata o programa a actuación do trío Bull Black Show.

Publicado: 17/08/2016