App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Espazos naturais
""
 
Inicio -> Espazos naturais -> A Sobreira Siador

A Sobreira Siador

Trátase dunha árbore perennifolia cunha idade estimada de 500 anos, de grandes dimensións que, previo expediente elaborado polo Concello, por resolución de 1 de xuño de 2009 da Dirección Xeral da Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, pasou a formar parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Constitúe o primeiro exemplar que consegue este recoñecemento en Silleda, atendendo segundo o Comité da Avaliación ás súas características excepcionais de gran porte, idade, innegable valor estético e a súa significación histórica e cultural.

E moi destacable a presenza deste exemplar único, nun lugar que está no límite do que sería o seu  hábitat natural e cunha idade considerable, tendo en conta a contorna humanizada na que “sobrevive”.

Situación: Lugar de Penadagra, Siador
Próximo ao Santuario da Virxe da Saleta.

Outros Lugares Próximos Interesantes

O Santuario da Virxe da Saleta.
As Carballeiras Centenarias do Santuario da Saleta (con barbacoas e mesas).
O Pazo de Sestelo.
Os Cruceiros da Saleta e do lugar de Siador.
O Sendeiro da Saleta.
O Monumento á Virxe da Saleta, obra en bronce do escultor Fernando Rodríguez.

 

Ver mapa de recursos


 

Nome común:
Sobreira, corticeira, corcheiro, sobreiro.

Nome científico:
Quercus suber L.

Paraxe:
Entorno do Santuario da Saleta.

Figura de Protección: Incluída no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Propiedade:
Privada.

Altitude:
530 m.

Como Chegar:
Dende Silleda, cóllese a estrada PO 201 que vai a Laro e a 2 km., no lugar do Marco, na parroquia de Siador, cóllese o desvío á dereita cara ao Santuario da Virxe da Saleta. Atópase na mesma pista a poucos metros do camping existente.

Descrición:
Diámetro: 1,30 m.
Altura: 2,7 mts.
Distancia de copa: 30 mts.
Perímetro: 8 metros.
Idade estimada: 500 anos.