App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Margaride
 
Margaride

Margaride

Lugares: Costela, Gamil, San Fiz, Vilanova. 
Información turistica:

Aínda que pequena en extensión e poboación, Margaride dispón dunha serie de atractivos que convidan a facerlle unha visita. Por Margaride pasa o antigo Camiño Real, Vía da Prata, que aquí fai o punto quilométrico 38 ata o Obradoiro.

No fermoso lugar de Costela, nun conxunto de edificacións nobres, atópanse a casa de turismo rural Casa Méndez, a casa-torre do S. XV, único exemplar gótico de transición na arquitectura civil de Trasdeza e a casa e taller do pintor máis internacional con alma galega, Manuel Colmeiro (1901-1999), onde pasou grandes temporadas, considerado hoxe por algúns, como un pequeno "santuario da arte galega".

Nesta mesma casa naceu a súa filla Elena Colmeiro, galardonada dentro e fóra de España e que conseguiu elevar a cerámica á categoría de escultura.

No lugar de Costela está a Casa Méndez, de turismo rural.

 

 
Festividades:

Patrón: San Fiz. 1 e 2 de Agosto

Celebran tamén o Santo Antonio. 1 e 2 de Agosto.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer