O nome primitivo do lugar foi Martis, segundo documento de 1154. Desta parroquia cabe destacar a fermosa paisaxe que conduce a Carboeiro e o feito de ser aquí, no lugar de Paradela, onde se acolle o cámping de 1ª categoría Medelo - Xacobeo 93 e o albergue de peregrinos dependente da Xunta de Galicia Via da Prata.
Polo límite norte, Martixe é testigo do tributo que o río Toxa fai das súas augas ao río Deza. Coa parroquia de Pazos comparte a Fervenza do Toxa ofrecendo unhas vistas distintas das habituais.
Así mesmo, forma parte da área fluvial da Carixa, excepcionalmente acondicionada para o descanso en familia polo Concello de Vila de Cruces, na parroquia de Merza. |