Debe o seu nome á antiga industria do barro, que deixou varias mostras cerámicas nos xacementos castrexos de Castro Montaz e Castro das Orelas, dende os que se pode divisar uns impresionantes paisaxes. Mencionar tamén o gravado rupestre coñecido como xacemento de Chao de Petos.
A igrexa local conserva sobre a súa entrada un curioso tímpano románico, semellante ao da igrexa de Taboada (Ruta do Románico), que amosa a loita de Sansón e o león. Ao seu carón, no adro, atópase un interesante sepulcro medieval. Na arquitectura civil destaca o pazo da Marza ou Casa do Fidalgo.
Aquí naceu o catedrático de Ciencias Francisco Javier Sánchez Cervela, pai do ilustre polígrafo Francisco Javier Sánchez Cantón, director dos Museos de Pontevedra e do Prado.
A gastronomía da zona pódese probar e disfrutar na parrillada "O Carballo" mentras se hospeda na casa de turismo rural situada no lugar de Pazos, Casa da Viña. |