Parroquia das de maior superficie do concello e unha das máis poboadas. É acreedora de atención por datos históricos de certo interese. Tiña feira propia en Camporrapado o día 24 de cada mes e foi paso obrigado cara ao Ribeiro polo camiño de ferradura que o cruzaba. No S. XVIII tiña censados dez taberneiros e quince arrieiros. Destacar, os vestixios da vida primitiva dos gravados rupestres da Pena Longa e do Castro do Cura en Cardigonde.
Na arquitectura relixiosa a igrexa do S. XVI e as capelas de S. Brais da Casa de Os Chaos, famosa pousada de arrieiros; de Framiñán dedicada a Sta. Lucía e a dos Aflixidos, en Camporrapado, do ano 1812. En Camporrapado atópase a casa natal do político galeguista Antón Alonso Ríos (1887-1980) e do ilustre médico Alfredo Ramos(1898-1960).
A Gastronomía ten un dos seus puntos fortes coa celebración da Festa da Paella que no verán xunta a máis de 1.500 comensais.
No lugar de Covas, atópase a casa de turismo rural, Casa Grande de Fuentemayor. |