App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 4
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

A parroquia de Oleiros acolle o sábado día 21 unha visita guiada á súa área arqueolóxica

Silleda, 14 de setembro de 2013. O vindeiro sábado día 21 terá lugar a segunda edición da visita guiada a área arqueolóxica de Oleiros, O sábado celébrase o roteiro pola Área Arqueolóxica de Oleiros, unha das zonas de Galicia con máis elementos patrimoniais.

A cita está organizada pola Asociación de Veciños San Miguel de Oleiros, coa colaboración da Concellería de Cultura e Turismo. O percorrido, duns 5 kilómetros, partirá dende o restaurante O Carballo ás 10.00 horas e estará guiado de novo polo arqueólogo silledense Israel Picón, natural de Refoxos, que fará unha explicación dos distintos elementos (mámoas, castros e petróglifos) que figuran ao longo da ruta. Recoméndase aos asistentes acudir con roupa cómoda e calzado axeitado para camiñar por zona de monte.

Así mesmo, ao remate do percorrido terá lugar un acto de homenaxe a Julio Rivas Ramos, silledense falecido o pasado mes de maio, e un gran amante do patrimonio arqueolóxico. O acto terá lugar xunto á mámoa de Porta do Carro, descuberta por Rivas, gracias ao que tamén se acadou a catalogación do Castro da Devesa, na parroquia de Oleiros.

Os asistentes que o desexen poden participar tamén no xantar posterior na Parrillada O Carballo cun menú ao prezo de 10 euros (resevas no 986 581528).

Dende a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Margarita Campos, anímase á cidadanía a asistir a esta visita, de grande interese tamén dende o punto de vista paisaxístico e medioambiental.

O roteiro naceu o pasado ano, cunha elevada participación, como parte dunha iniciativa para a posta en valor da área arqueolóxica con dúas mámoas, unha ducia de petróglifos e castros coma o de As Orelas ou Montaz.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Publicado: 16/09/2013