App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 20/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 5
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O mosteiro de Carboeiro recibiu preto de 3.500 visitas dende medidados de maio ata finais de xullo

Silleda, 25 de agosto de 2014. O mosteiro de Carboeiro recibiu case 3.500 visitantes dende o 14 de maio ata o 31 de xullo. Deste xeito volve quedar patente que o edificio románico e o seu entorno é un dos enclaves turísticos principais de toda a comarca.

Na última quincena de maio rexistráronse un total de 644 visitas,destacando unha grande afluencia de persoas maiores de 65 anos (que supoñen o 60% do total de visitantes este mes) que participaron en excursións programadas de distintas empresas.

Xuño foi, ata o momento, o mes que maior movemento rexistrou, con 1.698 visitantes. A maioría dos visitantes chego a Carboeiro en familia, parella e tamén grupos, igualmente a través de excursións organizadas.

En canto á procedencia dos turistas e visitantes, no tocante ao territorio nacional, o 84% eran galegos, sendo as provincias de A Coruña e Pontevedra as que máis personas aportaron. En canto aos visitantes do resto de España, as Comunidades de Madrid e Cataluña volven a ter un peso específico no balance de visitas a Carboeiro. No referente a visitantes extranxeiros, en xuño predominou a presenza de turistas de Francia (47%) e Arxentina (20%) segundos de paises como Gran Bretaña, Venezuela, Colombia ou Alemania.

Aloxamentos na comarca e en Santiago

No mes de xullo, con 1.136 visitas contabilizadas notase un cambio no perfil do visitante en canto á idade, predominando as persoas con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos. Do mesmo xeito, e xa respondendo á plena tempada estival, diminúen as vistas en grupo a favor das que se realizan en familia ou parella.

Os galegos lideraron tamén no último mes o ranking de visitantes nacionais, seguidos  dos madrileños, que supuxeron un 39% das visitas de cidadáns españoles, seguidos de comunidades como Andalucía ou Valencia.

Arxentina (de donde proceden o 31% dos visitantes extranxeiros) e Francia, con un 28% volven liderar as visitas foráneas. Destes dous paises proceden moitos galegos e galegas emigrados que voltan a disfrutar das vacacións con amigos e familia.

En canto ás motivacións das visitas, das enquisas realizadas pola guía turística de Carboeiro despréndese que moitos visitantes achéganse para coñecer a natureza, cultura e tamén a gastronomía da zona.

Destaca tamén o feito de que  nos dous últimos meses a gran maioría dos visitantes estiveron aloxados en casas de turismo rural da zona, principalmente de Silleda, Vila de Cruces e Lalín, pero tamén en oteéis de Santiago de Compostela.

A gran maioría das persoas utilizou o coche para desprazarse ata o mosteiro (91% en xullo e 74 % en xuño).

A maioría, repite

Das citadas enquisas, tamén se desprende que sobre a forma de coñecemento do mosteiro a maior parte dos visitantes xa coñecían o mosteiro. Internet volve ser de novo outro dos medios de difusión máis utilizados para coñecer Carboeiro e o seu entorno, seguido das indicacións dos aloxamentos turísticos, oficinas de turismo, e outros medios.

“A falta de contabilizar o mes de agosto, no que tamén se está a rexistrar unha elevada afluenza, os datos de visitantes volven estar na liña doutros anos, demostrando que Carboeiro e o seu entorno, son un dos lugares e enclaves patrimoniais e naturais, máis visitados de todo o entorno”, sinala Margarita Campos, concelleira de Cultura e Turismo.

 

A responsable do departamento municipal destaca tamén que a inclusión de Silleda no grupo Área de Santiago está a facerse notar na promoción tanto do mosteiro como doutros enclaves turísticos do municipio.

Publicado: 01/09/2014