App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 23/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 15
Máxima: 22
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

O mosteiro de Carboeiro aplica en marzo o horario de primavera

 

Silleda, 27 de febreiro de 2017.  O mosteiro de Carboeiro mudará o seu horario de apertura dende pasado mañá mércores día 1 de marzo. Así, e en virtude do establecido o pasado ano dende o departamento municipal de Turismo, que dirixe Ana Luisa González, o edificio abrirá as súas portas ao público en horario de 11:00 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas.

Deste xeito, e tendo en conta o aumento de horas de luz que xa se ven experimentanto nas últimas semanas, amplíase unha hora máis a apertura do cenobio polas tardes.

Este horario de primavera  aplicarase –de martes a domingo- durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, ampliándose novamente en xullo co horario de verán (cando estará aberto ao público ata as 20:30 horas). O luns, cómo vén sendo habitual, o mosteiro estará pechado ao público.

“Deste xeito continúamos adaptándonos ás condicións de luz natural para facilitar a visita a este monumento, que segue a recibir numerosos visitantes cada ano”, explica a concelleira de Turismo.

 

Así mesmo, a actualización das tarifas de visitas  non se aplicará ata que esta decisión –acordada no Pleno- non se publique de xeito definitivo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 

Publicado: 28/02/2017