App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 24/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 13
Máxima: 20
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

Oferta de emprego na Concellaría de Turismo

O Concello de Silleda convoca unha bolsa para a atención da oficina de turismo

 

-A contratación, cunha duración máxima de 6 meses, será cofinanciada coa subvención concedida polo Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas, da Deputación

-Os aspirantes á bolsa, poden consultar as bases na web municipal. O proceso de selección terá lugar o vindeiro día 8 de xuño

 

Silleda, 21 de maio de 2012. O Concello de Silleda vén de convocar unha bolsa para atender a oficina de turismo do municipio, logo de acadar a perceptiva subvención do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra.

Segundo figura nas bases para a selección do bolseiro/a, os aspirantes deben de estar en posesión do título de Diplomado en Turismo, Graduado en Turismo ou do de Técnico Superior en Información e Comercialización Turística. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes (incluíndo a documentación requerida nas bases) no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo de sete días hábiles contados dende o día seguinte á publicación das bases. A información estará dispoñible a partir de mañá martes día 22 de mai na web municipal www.silleda.es, no portal www.turismosilleda.es, e no taboleiro municipal.

Dende a Concellería de Turismo, que dirixía Matías Rodriguez Datorre, prevese que bolseiro/a compatibilice a xestión das dependencias do mosteiro de Carboeiro coa dinamización de paquetes turísticos e a xestión da oficina municipal de turismo.

Ademais dos méritos académicos, coa conseguinte puntuación, lo proceso de selección contará coa realización dunha entrevista que versará sobre coñecementos xerais relacionados coas funcións a desenvolver no posto de información turística de Silleda e a súa contorna, así coma coñecementos xerais sobre turismo de Galicia. O comité designado realizará a proba de selección o vindeiro venres día 8 de xuño nas dependencias municipais.

As bases recollen que a bolsa terá unha duración máxima de 6 meses, cun total de 1.050 horas, a razón de 175 horas mensuais. O importe da referída bolsa terá unha contía de 1.312,50 euros brutos ao mes.

 

 

 

 

Publicado: 21/05/2012