App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 22/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 9
Máxima: 18
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Novas

Silleda súmase ao proxecto ‘Goza do Ulla’, cun roteiro polo Baixo Deza

 O Concello de Silleda vén de sumarse ao proxecto Goza do Ulla, una iniciativa posta en marcha hai xa dous anos, coa realización de roteiros de sendeirismo nos municipios que forman parte da ribeira do Ulla. A cita con Silleda está prevista para o vindeiro día 12 de outubro. O roteiro proposto é o do Baixo Deza, cunha distancia de 11,4 kilómetros, a realizar nun tempo estimado de 4 horas e cunha dificultade meda.

O percorrido deseñado pola Concellaría de Turismo de Silleda parte da Mámoa da Chousa Nova, na parroquia de Abades, e remataría no lugar de Fucarelos (Cira), no lugar onde o Deza verte as súas augas ao Ulla. Este roteiro mestura patrimonio histórico, cultural e natural. Así, ademais da Mámoa de Abades, os participantes poderán contemplar monumentos coma as igrexas románica e barroca desta mesma localidade, o templo románico de San Martiño de Dornelas, espazos naturais coma os cachóns do Mallo (no río Cervañiña) ou da Zanca, en Dornelas, o pazo de Peizás ou a torre do castelo de Cira. 

“Con esta iniciativa ábrense tamén novas perspectivas de colaboración, ademais de axudar a dar a coñecer as potencialidades no plan turístico de Silleda”, sinala o concelleiro de Turismo, Matías Rodríguez da Torre, que hoxe asistiu a un encontro no Concello de Vedra sobre esta proposta. Foi precisamente a raíz da xuntanza dos concellos que comparten a tradición do Entroido da Ulla como xurdiu a posibilidade de pasar a formar parte deste programa, que entre este mes de xullo e o de novembro percorrerá un total de 19 municipios, dende o nacemento do Ulla ata a súa desembocadura. “O Ulla é o segundo río galego máis importante, e tamén un puntal a nivel turístico”, engade Da Torre.

O calendario previsto para os  roteiros comezará este mes en Monterroso, (o día 14), para continuar en Boqueixón (día 21 de xullo). No mes de agosto celebraranse os roteiros de Touro (día 5), Arzúa (día 11); Vedra (18); Teo (26 de agosto); Pontecesures (2 de setembro); Padrón (8 de setembro); Catoira (16 de setembro); Palas de Reis (22 de setembro); Rianxo (29 de setembro);   Valga (6 de outubro); Silleda (12 de outubro); Antas de Ulla (14 de outubro); Dodro (20 de outubro); Vila de Cruces (27 de outubro); Santiso (3 de novembro); Agolada (10 de novembro) e A Estrada (18 de novembro).

Publicado: 09/07/2012