App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Novas
Inicio -> Novas

O Concello de Silleda está presente en TUREXPO

O salón especializado en turismo que se celebra do 25 ao 27 de marzo no recinto Feira Internacional de Galicia, conta coa presenza dun stand propio do Concello de Silleda. Nel, os visitantes poden descubrir os grandes reclamos culturais, patrimoniais, naturais e gastronómicos do municipio, pois unha pequena mostra destes encantos atópase exposta ao público.

A repercusión que presenta este certame para o sector turístico convérteo no enclave idóneo para achegarse aos potenciais visitantes-clientes os cales poderán comprobar que calquera época do ano é boa para disfrutar dos encantos e pecualiaridades da nosa Terra.
Na xornada do venres numeroso público achegouse ata o stand, destacando a presenza do Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, quen aproveitou para degustar produtos típicos da zona.