App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 24/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 14
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Piñeiro
 
Piñeiro

Piñeiro

Lugares: Besteiros, O Campo, Castramonde, Castro Castriño, Cuíña, Portapiñeiro, Santifoga, O Castro, O Monte. 
Información turistica:

A igrexa moderna construída no ano 1918 dedicada a S. Xiao para nada lembra á antiga igrexa local que figura nunha doazón feita no S. XII a Carboeiro.

Na arquitectura civil sobresae o vello Pazo de Carricoba co seu escudo, portalón grande, pombal e demáis elementos propios das casonas fidalgas. Este pazo figura sempre relacionado coa liñaxe dos Valenzuela no S. XVI. Co tempo pasou a mans dos fidalgos, os Mondragón, vidos de Viscaia, que no S. XVIII chegaron a marqueses, título que defitivamente pasou aos Armada, Marqués de Sta. Cruz de Rivadulla.

Na actualidade é unha fermosa e fértil parroquia dedicada fundamentalmente a gandaría e agricultura.

Organiza e celebra unha festa gastronómica de certa sona, a Festa da Carne ao Caldeiro, tan vencellada ás feiras tradicionais, emparentada co polbo e co consumo habitual dos arrieiros que ían a Castela.

Como de gastronomía se trata, tamén a Parrillada Fontes, próxima ao Camiño de Santiago,Vía da Prata, pode ofrece un bó menú con carnes e produtos da terra. 

 

 
Festividades:

San Xiao. Festividade 6 e 7 de Xaneiro.

Santo Antonio. 11 de Xuño.

Santa Margarida. 2ª fin de semana de Agosto.

Festa da Carne ao Caldeiro. Abril

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer