App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 19/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 5
Máxima: 22
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Cortegada
 
Cortegada

Cortegada

Lugares: O Barral, A Brea, Camporrapado, Cardigonde, Cortegadela, Covas, Fondevila, Framiñán, Regalade, Segade, Xubín, O Burgo, Os Chaos, A Pena, A Revolta. 
Información turistica:

Parroquia das de maior superficie do concello e unha das máis poboadas. É acreedora de atención por datos históricos de certo interese. Tiña feira propia en Camporrapado o día 24 de cada mes e foi paso obrigado cara ao Ribeiro polo camiño de ferradura que o cruzaba. No S. XVIII tiña censados dez taberneiros e quince arrieiros. Destacar, os vestixios da vida primitiva dos gravados rupestres da Pena Longa e do Castro do Cura en Cardigonde.

Na arquitectura relixiosa a igrexa do S. XVI e as capelas de S. Brais da Casa de Os Chaos, famosa pousada de arrieiros; de Framiñán dedicada a Sta. Lucía e a dos Aflixidos, en Camporrapado, do ano 1812. En Camporrapado atópase a casa natal do político galeguista Antón Alonso Ríos (1887-1980) e do ilustre médico Alfredo Ramos(1898-1960).

A Gastronomía ten un dos seus puntos fortes coa celebración da Festa da Paella que no verán xunta a máis de 1.500 comensais.

No lugar de Covas, atópase a casa de turismo rural, Casa Grande de Fuentemayor.

 
Festividades:

Patroa: Santa Maria. Última fin de semana do Mes de Santiago (Xullo)

Festa da Paella

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer