App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 15/12/2018

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 12
Máxima: 16
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Dornelas
 
Dornelas

Dornelas

Lugares: Bascuas, Dornelas, O Portiño, Augacai, Marcón, Romanín, Rosedo, A Zanca. 
Información turistica:

Comparte con Cira o suave declive das terras do municipio cara ó cauce do Ulla. Ámbalas dúas freguesías dependeron sempre da archidiócese de Santiago no S.XVIII, pertencendo á xurisdición da parroquida veciña.

No aspecto monumental, Dornelas aportou a Trasdeza a singularidade da ábsida semicircular da súa igrexa que na Comarca só presenta o mosteiro de Carboeiro e que se considera distinto do románico compostelano. No interior, o artesonado en madeira amosa grandes profesionais da carpintería. Cabe supoñer que na construción traballaron canteiros formados no taller do mestre Mateo, que dirixía naquela época (1171), as obras da catedral. Forma parte da Ruta do Románico.

Por estes lares tamén camiñan os peregrinos na última etapa da súa viaxe polo Camiño Mozárabe -Vía da Prata cara a Santiago. Dende Dornelas aínda quedan 26 km.

Veciños desta parroquia foron os irmáns Calveiro Couto, José e Adolfo Victor, homes ilustres formados na emigración. O primeiro foi un poeta romántico e bohemio e o segundo, aínda que de orixe rural, adquiriu unha sólida formación chegando a ser en Cuba xefe de produción do semanario Eco de Galicia e fundador e director de Cultura Gallega, unha das máis grandes revistas galegas da emigración.

 
Festividades:

San Martiño. 11 de Novembro.

Virxe do Carme. Último domingo de Agosto.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer