App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Historia
""
 
Inicio -> Historia -> Idade Contemporánea

Idade Contemporánea

A Idade Contemporánea trouxo a Silleda un novo período de loitas. A Invasión francesa alterou a pacífica convivencia dos veciños destas terras, escenario de enfrontamentos contra o invasor en Taboada, Cira e A Bandeira. É histórica a data do 3 de marzo de 1809, cando se reuniron os abades de dezaoito parroquias de Trasdeza con moitos dos veciños para empuñar as armas contra os franceses en defensa da Relixión, a Patria e o Rei.

Estas situacións bélicas terían continuación coas loitas entre carlistas e isabelinos- Moalde, Casa do Monte, A Bandeira- e máis tarde cos violentos enfrontamentos dos agraristas pola redención dos foros, feito que sucedeu a finais do S. XIX cos levantamentos producidos en Refoxos e Paizás, en rebelión polos impostos e as rendas.

A emigración, a guerra civil e a febre do Wolfram marcan os capítulos importantes na
recente historia do municipio.