App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 22/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 9
Máxima: 18
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Laro
 
Laro

Laro

Lugares: Forcas, Freixeiro, Galán, Laro, A Pereira, O Pereiro, Riobó, San Marrtiño, Sante, O Souto, A Calvela, A Gandarela, Pelures. 
Información turistica:

É a cuarta parroquia máis poboada de Silleda. Conforma un núcleo rural de certa importancia en servizos dentro da xeografía do concello que atende ás parroquias colindantes.

Algunhas empresas relacionadas co metal, a producción láctea e os servizos, incluíndo panaderías e fábrica de gaseosas (máis antiga da comarca),  garantizan a estabilidade da poboación, feito este que se ve fortalecido coas importantes estradas que a cruzan e que van de Silleda ao Carballiño e de Lalín a Pontevedra, coma noutro tempo o facían os Camiños de Arrieiros que levaban ao Ribeiro e á Ulla.

No aspecto histórico, sobresaen o Cruceiro do Camiño (1171), a igrexa parroquial do S.XIX  preto do Castro, a capela do Pereiro, e os gravados rupestres da Pena das Cazolas da idade do bronce.

No apartado gastronómico, como non podía ser menos, as carnes, de fama ben gañada, pódense comer na "Parrillada  Milenio" situada en Freixeiro. Mais, se algo lograron os veciños de Laro, foi elevar un produto sinxelo á categoria de prato excelso, a Festa da Tortilla, que ensalza ás amas da casa e visitantes e ás autoridades  que se convidan para dar o pregón.

 
Festividades:

San Salvador que se honra a 1ª fin de semana de Agosto.

Festa da Tortilla.

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer