![]() |
El tiempo en Silleda
Para el día Por la Mañana ![]() Por la Tarde ![]() Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
|
Inicio -> Noticias |
Éxito do roteiro de Goza Ulla, con máis de 60 participantesMáis de 60 persoas participaron o pasado día 8 de xuño na segunda edición do programa Goza do Ulla en Silleda, co roteiro do Baixo Deza, entre Abades e Cira. O pazo da Viña, casa natal do escritor Ramón de Valenzuela, sumouse aos atractivos do roteiro, con 14 kilómetros e paradas explicativas na Mámoa da Chousa Nova, a Granxa Escola A Fervenza do Toxa, o conxunto relixioso de Abades ou o salto da Burata. A Asociación de Veciños A Costa de Abades tamén ofreceu unha degustación das afamadas rosquillas da localidade. O itinerario rematou na Xunta dos Ríos, en Cira. Dende a Concellería de Turismo agradécese a participación de todos os asistentes, así como a colaboración dos veciños. Publicado: 2013-06-10 |