App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

Instalada a valla promocional do grupo Ãrea de Santiago

 

Silleda, 5 de agosto de 2013. O Concello de Silleda, a través da Concellería de Turismo e Cultura, que agora dirixe Margarita Campos, vén de sumarse á campaña publicitadia do grupo Área de Santiago, do que forma parte o municipio silledense xunto a outros 18 concellos. A valla, con fotografías e o lema da campaña, “Moi cerca de Santiago…Sorpréndete!”, quedou xa instalada xunto á rotonda de acceso a autopista AP-53, nas inmediacións do recinto feiral Semana Verde.

A campaña, financiada conxuntamente polos 19 concellos que forman parte do grupo, conta cun total de 14 vallas. Ademais da promoción cara ao turista e visitante tamén se buscar dar a coñecer a iniciativa conxunta aos veciños e veciñas da zona. O grupo está formado polos municipios de A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra y Vila de Cruces , que o pasado 27 de maio firmaron en Santiago un protocolo de colaboración co que naceu formalmente Área Santiago. Os concellos citados suman unha poboación de 270 mil persoas, prácticamente o 10% do total de Galicia.

 

 

Publicado: 2013-08-06