App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

Novo éxito do programa Goza do Ulla, co roteiro pola parroquia de Cira

o domingo 6 de xullo celebrouse  o roteiro de Cira, dentro do programa Goza do Ulla, coa participación de 70 persoas.A experta en botánica Dulcina Gómez, do colectivo Bioturmalina, foi a encargada de comentar para os asistentes sobre as plantas e flores da ruta, falando das súas propiedades medicinais e de outros usos ao longo do percorrido, un roteiro circular de 10 kilómetros que pasou tamén a carón de lugares coma a Torre de CIra ou o pazo de Paizás . Tamén participaron como guías Alfredo Abeledo, técnico municipal de Turismo, e Luis Lugo, veciño da parroquia.

Dende o departamento municipal de Turismo repartiuse material promocional de Silleda así como bolsas para recoller as prantas comentadas pola citada guía.
Na segunda parte do percorrido tamén se repartiu un folleto informativo sobre a historia do mítico Castelo de Cira. Logo do ascenso en dirección a Paizás, a comitiva descendeu pola parroquia para visitar a explotación de albarillo  de José Lugo(esta parroquia está dentro da subzona da DO Rías Baixas) e os invernadoiros da explotación Orosa, onde agasallaron con claveis aos membros do grupo.
O percorrido rematou sobre as 14.00 horas na xunta dos ríos, o punto tamén de partida do roteiro pola parroquia de Cira, onde existen un total de 26 explotacións de flor e horta  que ocupan unha extensión de 217.620 metros cadrados. Destacan tamén outros 150.000 metros cadrados adicados ao cultivo de mazá, propiedade da Familia Cort, propietarios do pazo de Paizás e do Castelo.
Publicado: 2014-07-07