![]() |
El tiempo en Silleda
Para el día Por la Mañana ![]() Por la Tarde ![]() Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
|
Inicio -> Noticias |
O mosteiro de Carboeiro abrirá este inverno de martes a domingoSilleda, 29 de setembro de 2014. O horario do mosteiro de Carboeiro cambiarase a partir de pasado mañá mércores, con novos axustes debido as condicións climatolóxicas e a falta de luz, principalmente nesta época do ano. Así, o mosteiro abrirá de martes a domingo en horario de 12.00 a 14.30 e de 15.30 a 18.00 horas . Para as xornadas que coincidan en día festivo tamén se mantén o mesmo horario. Os luns estará pechado ao público. Deste xeito, o horario de inverno amplíase respecto ao ano pasado por estas datas, xa que no último inverno só se abriu a partir de xoves. “Tendo en conta as condicións de luz, temperatura, e a reducción de visitas unha vez rematada a tempada estival, volvemos a contar con horario de inverno”, engade a concelleira de Turismo, Margarita Campos. A día de hoxe o mosteiro segue atendido pola bolseira contratada a través da Fundación Empresa Galicia Universidade (Feuga). Neste verán o mosteiro de Carboeiro batiu o récord de visitas dos últimos anos, con unha media diaria de 56 persoas. O pasado mes de agosto recibiu un total de 2.287 visitantes, unha cifra que supón un lixeiro incremento respecto a 2013, cando se rexitraron 2.156 entradas no mesmo mes. Os datos da Concellería de Turismo revelan que, pese a contar con un horario máis reducido este ano, esta tempada estival foi, comparativamente cos dous últimos anos, a que rexistrou un maior volume de influencia, amosando a progresión de visitantes. No presente ano, tal é como se vén reflexando no cómputo realizado polo servizo de guía, destaca o aumento de excursións organizadas.
Publicado: 2014-10-03 |