App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

O Concello de Silleda, tamén presente na mostra fotográfica "Moi Cerca de Santiago...Sorpréndete"

Silleda, 14 de novembro de 2014.  A exposición Moi cerca de Santiago...Sorpréndete poderá visitarse na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de luns a sábado pola mañá, no horario de apertura da praza. A mostra, que se abriu hoxe ao público conta con 53 imaxes de 32 autores, que participaron no concurso fotográfico organizado polo grupo Área de Santiago. O municipio de Silleda está presente a través de fotografías que amosan a feira da Bandeira ou o camiño de Santiago.

A organización da exposición no Mercado de Abastos permitirá amosar diferentes aspectos dos concellos de Área Santiago dende a mirada dos propios veciños e os seus visitantes nun espazo que é o segundo lugar máis visitado da cidade.

 

As fotografías preséntanse realizadas en vinilo sobre paneis de cartón de niño de abella, un produto de nova xeración e ecolóxico. A exposición consta de catro seccións, que se corresponden coas catro categorías do concurso de fotografía do pasado verán para destacar os múltiples recursos dos concellos de Área Santiago.

 

Os gañadores foron: na categoría Festas e tradicións, a fotografía presentada por Aroa Martínez Sánchez e titulada "A Estrada, Agrupación Tequexetéldere"; en Patrimonio Histórico e Cultural, a fotografía de José Ramón Moire Silva denominada "Ponte Ledesma"; en Paisaxes e Natureza, a fotografía presentada por José A. Sanjurjo da "Aldea na parte traseira do Pico Sacro"; e en Gastronomía, a fotografía de José Ramón Moire Silva titulada "Galo de Curral de Vila de Cruces".

 

O obxectivo do concurso foi dar a coñecer os atractivos dos Concellos que forman parte de Área Santiago: A Estrada, Arzúa, Boqueixón, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Silleda, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces.

 

 

Publicado: 2014-11-17