El tiempo en Silleda
Para el día Por la Mañana Por la Tarde Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
|
Inicio -> Noticias |
O mosteiro de Carboeiro aplica en marzo o horario de primavera
Silleda, 27 de febreiro de 2017. O mosteiro de Carboeiro mudará o seu horario de apertura dende pasado mañá mércores día 1 de marzo. Así, e en virtude do establecido o pasado ano dende o departamento municipal de Turismo, que dirixe Ana Luisa González, o edificio abrirá as súas portas ao público en horario de 11:00 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas. Deste xeito, e tendo en conta o aumento de horas de luz que xa se ven experimentanto nas últimas semanas, amplíase unha hora máis a apertura do cenobio polas tardes. Este horario de primavera aplicarase –de martes a domingo- durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, ampliándose novamente en xullo co horario de verán (cando estará aberto ao público ata as 20:30 horas). O luns, cómo vén sendo habitual, o mosteiro estará pechado ao público. “Deste xeito continúamos adaptándonos ás condicións de luz natural para facilitar a visita a este monumento, que segue a recibir numerosos visitantes cada ano”, explica a concelleira de Turismo.
Así mesmo, a actualización das tarifas de visitas non se aplicará ata que esta decisión –acordada no Pleno- non se publique de xeito definitivo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Publicado: 2017-02-28 |