App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Sendeirismo
""
 
Inicio -> Sendeirismo -> Sendeiro Castro de Toiriz

Sendeiro Castro de Toiriz

Como se informa nos datos técnicos,  este sendeiro, pola dificultade que comporta, a proximidade á Vila de Silleda e a distancia curta, 1 km,  pódese considerar un paseo pola historia válido para tódalas idades. Silleda é  moi afortunada ao dispoñer desta primitiva aldea a carón das súas casas.

O deseño do paseo aproveitou o antigo camiño que ía dende Silleda ás parroquias próximas de Escuadro e Rellas arrodeando o castro en toda a súa dimensión ata voltar ao punto de inicio. Nel poderase disfrutar das sombras das árbores autóctonas, das mesas dispostas para o descanso e de toda a información que se ofrece ao longo do percorrisdo con mesas informativas, sobre a construción e disposición das casas, as lendas, a flora e fauna do lugar. (Ver Castro de Toiriz)

Punto de saída:
Praza da igrexa de Silleda
Punto de Chegada:
Os Castros de Toiriz
Tempo:

15 min. aproximadamente.
Distancia a percorrer:
Dende a igrexa: 400 mts.
Percorrido circular do castro: 600 mts.
Grado de dificultade:
Baixo

Recomendacións

MATERIAL: calzado lixeiro de montaña, chubasqueiro en función da época do ano, mapa da ruta, cantimplora, aconsellable máquina de fotos, roupa lixeira e cómoda. Pódese realizar en sentido de ida e volta, pero é recomendable seguir o itinerario marcado para evitar a perda. Neste caso chamar ao teléfono 660 663 145 ou 660 664 809  (Protección Civil)