Xenerais da Ulla
 
O tempo en Silleda
Para o día 27/11/2014

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 9
Máxima: 16
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Historia
""
 
Inicio -> Historia -> Prehistoria -> Mámoas

Mámoas

Os primeiros rastros de poboamento atopámolos nos campos de mámoas datados na Idade do Bronce, ou incluso antes, abundantísimos no concello aínda que merece ser destacado por ser o primeiro recentemente descuberto e mostrado para o público (ano 2010), o situado na parroquia de Abades coñecido como a Mámoa da Chousa Nova I.

  • A Mámoa da Chousa Nova
Situación: Campomarzo. Abades
Cronoloxía: 4340-4260 a.C. Máis antiga das datadas en Galicia.
Coordenadas: X: 557.906 Y: 4.734.043  H: 29

Para chegar hai que coller, na poboación de A Bandeira (N-525), a estrada autonómica PO-204 que vai cara ao Concello de Vila de Cruces e no lugar de Campomarzo coller á esquerda en dirección ao Santuario de Abades. O túmulo atópase preto da estrada local xusto enriba do falso túnel construído sobre a liña férrea do AVE.

Os traballos de escavación motivados polo paso da Liña de Alta Velocidade Ourense-Santiago, pola parroquia de Abades, descubriron unha cámara megalítica intacta e os restos dun complexo sistema construtivo. O monumento foi levantado segundo o estilo da época, é dicir, colocando pedras para formar unha especie de caixa e cubríndoas cunha gran lousa. A cámara quedaba sepultada baixo unha morea de terra, o túmulo, que lle confería un aspecto redondeado.

As análises de Carbono14 realizadas sitúan este xacemento entre o ano 4340 e o 4260 a.C., converténdoa nunha das cámaras megalíticas máis antigas das datadas ata o momento en Galicia.

Para comprender o valor para os seus construtores, hai que ter en conta que non se coñecía o metal e os centos de metros cúbicos que forman o túmulo tiveron que moverse con instrumentos de madeira, ósos, cestos feitos de vimbios e sacos de esparto. A pedra da cuberta pesa uns 2950 quilos.

No interior da cámara, baixo anacos da lousa cuberta partida, conservábanse aínda as evidencias dun enterramento individual. Aínda que a acidez dos solos galegos impide a conservación dos ósos tan antigos, un colar de doas de ámbar e variscita ocupaba o centro da cámara, disposto como se estivese depositado sobre un corpo humano. Unha pequena lámina de aixada, un cicel e una afiador completaban o enxoval.

Ver Mapa de recursos

 


Mámoa da Chousa Nova Copa do Castro Castro de Toiriz Pena Longa Chao de Petos Pena das Cazolas