App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 22/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 9
Máxima: 18
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Parroquias
 
Inicio -> Parroquias -> Manduas
 
Manduas

Manduas

Lugares: Andamollo, A Bandeira, Bravil, A Calzada, O Castro, Crestelle, A Devesa, Ferrozos, Letros, Lourás, Medelo, A Moa, Outeiro, Quintela, San Tirso, Vilaverde, A Viña. 
Información turistica:

Manduas, foi identificada polo medievalista Piel como a "Mándolas" do nomenclátor suevo de mediados do S.VI, tras sinalar que o seu nome procede do latín "amandola", que significa améndoa.

 O longo do seu término cabe destacar a igrexa parroquial, levantada nos anos trinta, coa porta románica da orixinal e co detalle de ser a única da Comarca coa fachada ao nacente. Así mesmo, hai treis cruceiros de especial interese situados no cemiterio, no campo da feira e no lugar de Quintela.

Outros personaxes dignos de destacar foron o gaiteiro Manuel Dopazo Gontade (1883-1952), o tenor José Vales Maía (1914-1980) a quen os veciños lles dedicaron o nome do Auditorio e a Praza que o circunda.

Na súa demarcación está o núcleo de A Bandeira que, cunha estrutura urbana ben trazada e unha oferta comercial e de servizos de relevancia, segue en importancia a Silleda.

Nacida ao abeiro dunha bandeira que se colocaba nunha casa- taberna e dunha feira de gran importancia no Camiño de Santiago, hoxe é a segunda poboación do Concello en número de habitantes e establecementos comerciais e de servicios de tipo administrativo.

Dispón de Centro de Saúde, Centro Social dos Maiores, Colexio Público, Escola de Música, Auditorio Multiusos, Casa de Cultura e Campos de Deportes.

Esto fai que as actividades deportivas e culturais formen parte do quefacer diario, con Banda de Música, Asociacións Culturais e Agrupacións de Baile e Música Tradicional de gran prestixio. Por A Bandeira pasa tamén o Camiño de Santiago e son moi famosos os Feiróns que se celebran os días 14 e 29 de cada mes, o Alto dos Xenerais polo entroido e a Festa da Empanada, declarada de Interese Gastronómico. 

 
Festividades:

San Tirso. 27 de Xaneiro.

San Cristovo. 3 do mes de Santiago. A Bandeira.

Sta. Lucía. 13 de Decembro.

Festa da Empanada. 3º domingo de Agosto. A Bandeira

Natureza
Descanso
Gastronomía
Lecer