App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima:
Máxima:
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Áreas Recreativas e de Ocio
""
 
Inicio -> Áreas Recreavitas e de Ocio -> Praia Fluvial das Xuntas (Cira)

Praia Fluvial das Xuntas (Cira)

Esta área de baños está encravada nun entorno paisaxístico único e  na desembocadura do río Deza, na súa confluencia co río Ulla o que lle da unha certa singularidade xeográfica.

Ademais de ter un lugar especial para o baño con augas limpas e calmas do río Deza, dispón de aparcadoiro para máis de 40 coches e mesas para poder comer ao pé da propia praia.

Ofrece así mesmo, un sendeiro de curto percorrido perfectamente sinalizado a través da parroquia para poder gozar da contorna, como actividade complementaria.

Situación:
A Praia está  localizada no lugar de Fucarelos da parroquia de Cira, situada esta ao norte do municipio de Silleda, lindando grazas a ela, coa provincia da Coruña. Así mesmo fai contraste dentro da orografía do Concello ao  estar situada nunha plataforma formada co paso do tempo a unha altura de tan só 67 metros sobre o nivel do mar.

Valores:
É clasificada como Lugar de Importancia Comunitaria, dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza e destaca pola súa riqueza piscícola grazas á existencia de salmóns, lampreas, troitas e ciprínidos de especial significación e protección pola Rede Natura 2000.
Cira vén sendo denominada a Horta de Trasdeza, con importante produción de produtos hortofrutícolas de recoñecida fama e gran calidade, como a xudía, tomate, pemento e a mazá, que ocupa unha parte importante da superficie da parroquia. Noutro aspecto destaca a plantación de albariño, figurando rexistrada como zona de produción vínicola das Rías Baixas.

Tamén a flor, que se dá durante todo o ano supón un sector puxante pola calidade do produto coa posibilidade de visitar os invernadoiros.

Na arquitectura civil destaca o Pazo de Paizás, solar fundado no ano 1717, e como atractivo especial a Torre do Castelo que construída en 115 polo conde Xoán Bermudo Suárez foille arrebatada pola raíña dona Urraca, que no ano 1121 prendeu por sorpresa ao arcebispo Xelmírez que sufriu cárcere varios días dentro das súas paredes. Está declarada Ben de Interese Cultural.

Dispón dunha casa de turismo rural: Casa Iglesias, no lugar de Rendo, moi próxima á praia. 

Situación:
Lugar de Fucarelos na  Parroquia de Cira.

Coordenadas:  
42º 47´2,80´´ N  
8º 14´20  44,74´´ W

Como chegar:
A partir da N-525 pódese acceder desde varios puntos como A Bandeira, Lamela e o Cruce de Balboa (Concello da Estrada). Desde o Concello de Vila de Cruces a zona máis próxima e recoñecida, é Gres e a Ponte Ledesma.