Xenerais da Ulla
 
O tempo en Silleda
Para o día 01/11/2014

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 16
Máxima: 21
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
O Románico
""
 
Inicio -> O Románico -> Conxunto Relixioso de Abades

Conxunto Relixioso de Abades

Abades posúe un grandioso e importante conxunto arquitectónico formado pola actual igrexa parroquial, da Nosa Sra. Dos Desamparados, unha pequena pero fermosísima igrexa románica, a rectoral e un cruceiro que preside o conxunto desde o alto do camiño de acceso.

O impoñente santuario, de notable neoclásico, foi erguido no S. XVIII polo mestre de obras Melchor Ricoy mediante impulso do cura párroco valenciano, D. Joaquín Espes, e a aportación de fieis da devoción mariana.

Destaca polo estilo incorporado á comarca e pola grandiosidade da obra, na que sobresaen a cúpula, a torre máis alta da comarca, con balconada, tres corpos, rematada nun capitel, e as pinturas murais realizadas polo pintor Jorge Calvo en 1773 e imaxes existentes no interior dedicadas a San Xaquín e San Xosé, tallas do escultor santiagués Gambino (1722-1775).

Con todo hai que facer unha reseña da igrexa dedicada a Sta. María e que humildemente acompaña ao santuario. Construída no S. XII ten un gran interese histórico-artístico destacando por conservar unhas significativas pinturas murais no seu interior e unha non menos curiosa colección de canzorros zoomorfos nun lateral exterior.