App Store Carboeiro
 
O tempo en Silleda
Para o día 24/11/2017

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 14
Máxima: 19
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
O Románico
""
 
Inicio -> O Románico -> Santiago de Taboada

Santiago de Taboada

O templo parroquial é un bo exemplar do románico de transición na comarca e quizais dos máis visitados polo conxunto que conforma co cruceiro e a área recreativa dedicada ao Apóstolo Santiago. Por aquí pasa a Vía da Prata cara a Compostela e di a lenda que o peregrino debe golpear coa testa na porta da igrexa.

A súa fábrica, de principios do S.XIII, presenta unha porta principal con arquivolta sobre dúas mochetas con cabezas de bóvidos e columnas de capiteis vexetais. No tímpano a loita de Sansón contra o león. Destaca na ábsida, rectangular, a ventá de medio punto con xambas e capiteis esculpidos. No interior chama á atención o retablo barroco de Santiago a cabalo con figuras policromadas vestidas con uniformes do S.XVIII, todo enmarcado por dous arcos triunfais, con columnas, basas e capiteis tardorrománicos.

No contorno da igrexa pódense apreciar elementos de notable interese como o cruceiro, o sarcófago antropoide, a escultura do Apóstolo Santiago ou o monumento ao peregrino descoñecido, situado na área de lecer próxima.