O tempo en Silleda
Para o día 30/07/2014

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 16
Máxima: 30
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
O Románico
""
 
Inicio -> O Románico -> San Martiño de Dornelas

San Martiño de Dornelas

En 1115 o Couto de Dornelas é doado pola raiña dona Urraca á igrexa compostelá.

E parroquia moi antiga e a súa igrexa considérase exemplar do románico compostelán rural. Dunha soa nave, con ábsida semicircular, singularidade esta  que na comarca só presenta o Mosteiro de Carboeiro,  ábrese cunha portada principal de dobre arquivolta e dous laterais,  ten contrafortes, saeteiras,  e ringleiras de canzorros baixo o beiral e tódolos elementos que define o románico rural do século XII. Conserva, mesmo, o clásico Agnus Dei, no testeiro da nave. Nun muro lateral, lese a data de 1171.

Forma parte da Ruta do Románico de Trasdeza, e así mesmo é o último enclave relixioso do Camiño Mozárabe ( Vía da Prata),  dentro do Concello.