En 1115 o Couto de Dornelas é doado pola raiña dona Urraca á igrexa compostelá.
E parroquia moi antiga e a súa igrexa considérase exemplar do románico compostelán rural. Dunha soa nave, con ábsida semicircular, singularidade esta que na comarca só presenta o Mosteiro de Carboeiro, ábrese cunha portada principal de dobre arquivolta e dous laterais, ten contrafortes, saeteiras, e ringleiras de canzorros baixo o beiral e tódolos elementos que define o románico rural do século XII. Conserva, mesmo, o clásico Agnus Dei, no testeiro da nave. Nun muro lateral, lese a data de 1171.
Forma parte da Ruta do Románico de Trasdeza, e así mesmo é o último enclave relixioso do Camiño Mozárabe ( Vía da Prata), dentro do Concello.