O tempo en Silleda
Para o día 25/07/2014

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 17
Máxima: 31
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Espazos naturais
""
 
Inicio -> Espazos naturais -> Brañas de Xestoso

Brañas de Xestoso

Pequeno cordal de montes situado entre as concas dos ríos Ulla e Umia e caracterizado por presentar altitudes moderadas e unha orografía con pendentes suaves e cumios practicamente chans. Son pequenas áreas de turbeiras e torgueiras con presenza de carballeiras de reducida extensión. Na zona cría unha pequena poboación de sisón menor, ave característica de hábitats esteparios.

  • Biodiversidade
  • Sendeirismo

As queiroceiras e toxeiras constitúen as formacións vexetais de maior difusión no espazo natural. Está presente o Toxo Arnal (Ulex europeaus) e o Toxo Molar (Ulex minor), Piornos Espiriñentos (Genista turrracantos) e Queirogas (Erica cinerea e Erica umbellata), mentres que en solos enchoupados aparecen matogueiras hidrófilas con Erica tetralix e Erica citiaris.

Entre os seus valores destaca a presenza de Esfagnos (Sphagnun spp) e de numerosos anfibios, réptiles e aves nidificantes como a Tartaraña (Circus pygarsus) e o Sisón (Tetrax tetrax).

Dende a Ermida de S. Sebastián, e aproveitando a pista que vai xalonando as nove torretas do parque eólico, pódese chegar con facilidade ata a Lagoa Sacra, cargada de mitos e lendas, disfrutando así dun fermoso paseo sen dificultades e cunhas impresionantes vistas.

Ver mapa de recursos

Importancia:
Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Zona de especial protección dos valores que atesoura, por mor do alto interese das comunidades que conserva, participando do proxecto europeo da Rede Europea 2000. Ten un valor científico incalculable ao ser un verdadeiro rexistro de pasado.

Situación:
Está situada ao poñente do Concello de Silleda, nas parroquias de Moalde e Xestoso, lindando cos Concellos de Forcarei e A Estrada.

Este espazo natural ten unha superficie total de 1.077 Ha. cunhas altitudes en torno aos 700 m. sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto o Couto de S. Sebastián de Moalde. Inclúe como puntos a destacar a Ermida de S. Sebastián e a Lagoa Sacra, lugar que combina natureza e biodiversidade, unha das masas de auga de inverno máis interesantes dos humidais galegos.

Extensión: 1.077  Ha.