O tempo en Silleda
Para o día 20/04/2014

Pola Mañá

Pola Tarde

Mínima: 10
Máxima: 17
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Espazos naturais
""
 
Inicio -> Espazos naturais -> Serra do Candán

Serra do Candán

Integradas nas Terras de Montes e Comarca de Deza, estas vellas serras desgastadas conservan grandes espazos de horizontes abertos cunhas vistas das mellores do Concello dende o seu cumio máis alto, 1.014 mts., e con poucos núcleos de poboación xa abandonados como a aldea de Grobas, xa en retroceso poboacional, como Acibeiro, cuxo Mosteiro de Sta. María, rehabilitado para hotel monumento, invita a ser visitado.

  • Biodiversidade
  • Sendeirismo

Este espazo destaca polos matos e masas boscosas da media montaña galega, formados por carballos (Quercus robur), cerquiños (Quercus pyrenaica), bidueiros (Betula alba) e capudre (Sorbus aucuparia).

As umbrías caracterízanse pola presenza de arandeiras (Vaccinium myrtillus).

Constitúe unha estratéxica posición xeográfica en contacto con zonas de media montaña de Pontevedra e Ourense con que se configura unha área de indubidable interese para a conservación da fauna.

Entre a fauna destaca a presenza do gato bravo (Felis silvestris), que ten nestes bosques un dos seus últimos refuxios, o corzo (Capreolus capreolus) e o xabaril (Sus scarofa). Tamén están presentes a lebre galega (Lepus granatensis gallaecia) que constitúe unha subespecie da lebre ibérica, limitada a algunhas serras na provincia de Pontevedra, onde non está permitida a súa caza, e  o ameazado lobo (Canis lupus) que pervive neste espazo.

Hai que salientar entre as aves rapaces vencelladas a rochedos coma o falcón peregrino (Falco peregrinus) e o bufo real (Bubo bubo) que contan en Galicia con moi poucas parellas, especialmente este último.

Ver mapa de recursos

Baixar a pé dende o pico máis alto ata o pobo abandonado de Grobas é toda unha experiencia en pleno monte virxe e libre que ninguén debería deixar de probar. Unha aventura en contacto coa natureza pura.

Ver mapa de recursos

 

 

Importancia:
Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

Situación:
Está situada ao sur do Concello de Silleda, dentro da parroquia de Parada, compartindo a extensión cos concellos pontevedreses de Forcarei e Lalín e cos limítrofes ourensáns de Bearíz e o Irixo.

Extensión: 10.683 Ha.