The weather in Silleda
Day In the morning In the afternoon Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
|
Home -> News |
Xornada micolóxica no Mosteiro de Carboeiro, A Fervenza do Toxa e a Mámoa da Chousa Nova
O ente de turismo comarcal "Ouro Verde" artellou unha xornada micolóxica para este vindeiro fin de semana día 1 de Decembro, para descubrirlle ao viaxeiro non somentes a riqueza micolóxica das fragas do noso concello senón tamén dar a oportunidade de coñecer monumentos tan emblemáticos coma o Mosteiro de Carboeiro, o monumento máis representativo do románico oxival en todo o Estado español, a Fervenza do Toxa, a de meirande altura do país ou a Mámoa da Chousa Nova, a máis antiga de Galiza.
A xeira do sábado 1 de Decembro artellarase do seguinte xeito:
. 10:00h. Curso teórico de inciación á micoloxía na Casa da Cultura de Silleda. Poñente: Mercedes Nodar, presidenta de "A Estrada Micolóxica". . 11:30h. a 14:00h. Saída micolóxica guiada polo entorno das Fervenzas do río Toxa e a Mámoa da Chousa Nova, nas parroquias de Pazos e Abades. . 14:00h. a 15:00h. Picnic na área recreativa da Carixa (Vila de Cruces). . 15:00h. a 18:00h. Continuarase coa recolleita de cogumelos polos arredores do Mosteiro de Carboeiro e das parroquias de Martixe e Saídres. . 18:30h. a 20:00h. Chegada ao Hotel Nós (en Negreiros) onde clasificaremos as especies e elaborararemos un menú, alén de explicarmos todas as posibilidades gastronómicas dos cogumelos. . 20:00h. Degustación micolóxica segundo recolleita.
Prezo: adultos 19€ Prezo: cativos menores de 14 anos 9€
**A degustación de cogumelos está incluída no prezo
Para obteren máis información: http://www.ouroverde.org/oferta_ampliada.php?id_o=9
Publicado: 2012-11-29 |