App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

Xa está operativo o albergue de peregrinos da Bandeira así coma un Punto de Información na Casa da Xuventude

Silleda, 4 de xullo de 2013. Silleda contará cun Punto de Atención ao Peregrino na Casa da Xuventude, sita no casco urbano de Silleda. O servizo ofrécese xa dende hoxe xoves, coincidindo tamén coa apertura do albergue de peregrinos da Bandeira. Unha guía turística atenderá as persoas que realizan a Ruta da Prata cara a Compostela, no mesmo horario de apertura do citado centro municipal (de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas). O servizo está pensado inicialmente só para peregrinos aínda que todas aquelas persoas que requiran información turística de Silleda, a zona ou outros recursos, tamén poden dispor del.

Con esto, os peregrinos disporán dun servizo de información en plena Vía da Prata. O anuncio da posta en marcha deste servizo foi realizado hoxe pola alcaldesa, Paula Fernández Pena, durante a súa intervención no acto inaugural do albergue instalado polo Xacobeo na Bandeira. “Con esta iniciativa melloramos a atención aos milleiros de persoas que cada ano realizan a Ruta da Prata cara a Compostela”, indicou.

No acto, ao que tamén asistiu o concelleiro de Turismo, Klaus Brey, a alcaldesa lembrou que o albergue era unha dotación “moi necesaria e agardada” e destacou a repercusión que terá o paso dos usuarios na economía local da Bandeira.

Paula Fernández tamén tivo palabras e un recordo especial para Manuel García Vázquez, “Manolo de Servando”, propietario da parcela na que se instalou o albergue modular. Tamén extendeu os agradecementos á asociación de veciños AVEMA.

No acto interviú tamén a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, que resaltou o Camiño como gran potencial turístico de Galicia.

O da Bandeira é o albergue número 13 do tramo, e conta cun total de 36 prazas.

A instalación dos 13 13 módulos prefabricados foi adxudicada pola Xunta á empresa Aopil,  por importe de 216.016 euros.  A este custe hai que sumar os traballos de acometida de auga, luz e urbanización dos accesos (a entrada principal está na rúa Lourás) que foron asumidos polo Concello de Silleda, Está construido en módulos prefabricados de alta calidade, con climatización, un patio interior cuberto, e instalacións de enerxías renovables, en pranta baixa. O espazo distribuese en dormitorios, dormitorios para persoas con discapacidade, aseos, duchas e cociña-comedor e un módulo de recepción. Así mesmo, as zonas disponibles entre os módulos servirán como áreas de descanso e zona de lavado e secado.

O exterior do edificio está revestido con paneis de resinas termoendurecibles (tipo “trespa”), mentras que os espazos xenerados entre os módulos realizaranse a base de pranchas de polietileno reticulado.

 

 

 

Publicado: 2013-07-05