App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O Mosteiro de Carboeiro contará con novo horario de apertura dende a vindeira semana

Silleda, 13 de setembro de 2013. O Mosteiro de Carboeiro volverá a contar con horario de inverno a partir da vindeira semana. Así, o novo horario será, de martes a venres, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 pola tarde.  O luns, como viña sendo habitural, o mosteiro non abrirá as súas portas ao público.

No caso da fin de semana, o horario tamén cambia respecto ao que se viña mantendo. Así, os sábados e domingos o mosteiro románico estará aberto ao público de 11.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 horas, mentres que o pasado inverno o horario foi continuado (de 11.00 a 18.00).

O emblema turístico de Silleda volveu recibir este verán milleiros de visitantes, reafirmando a súa condición como un dos lugares máis visitados de toda a comarca do Deza. En total, durante os meses de xuño, xullo e agosto, pasaron polo mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro 4.237 persoas, sendo de novo agosto o mes de maior afluenza, con máis de 2.000 visitas.

Ademais, dende o departamento de Cultura e Turismo, que dirixe Margarita Campos, destácase o feito de que por primeira vez, durante a tempada estival o mosteiro non pechara as súas portas ningún día da semana, custión que moitos visitantes valoraron de xeito moi positivo.

 

O mosteiro acolleu ademais nos últimos meses exposicións como a do Prestige, a malla ou a dos espantallos, esta última visitable aínda ata o 15 de outubro, coas que se complementaron as visitas ao cenobio silledense. 

Publicado: 2013-09-16