The weather in Silleda
Day In the morning In the afternoon Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
|
Home -> News |
Máis de 20 establecementos da hostalerÃa de Silleda promocionaránse na web de Santiago TurismoSilleda, 12 de outubro de 2013. Máis dunha vintena de establecementos do sector da hostalería de Silleda inscribíronse nos últimos días para promocionar a súa oferta na páxina web santiagoturismo.com. Esta iniciativa, sen coste algún para os empresarios do sector, foi presentada polo departamento municipal de Turismo hai unhas semanas. A día de hoxe xa se remitiron aos responsables da web un total de 24 ofertas, 14 de restaurantes, 7 de aloxamentos e tres de establecementos adicados ao turismo rural. Ademais hai outros establecementos en proceso de sumarse a esta promoción que ofrecerá datos, características e tamén fotografías das distintas ofertas en cada un dos apartados. Así, hai 6 restaurantes máis de Silleda e dous aloxamentos que tamén se sumarán á iniciativa. Dende a Concellería de Turismo, que dirixe Margarita Campos, anímase a todos aqueles empresarios do sector que non cubriran a ficha a pasar polo Concello para cumprimentar o formulario por se tiveran cabida noutro momento ou para participar noutras iniciativas. “Agardamos que os que faltan acudan de igual xeito a deixar os seus datos no departamento. Só teñen que acreditar que están rexistrados como negocios do sector e aportarnos información sobre a súa oferta. Dende o departamento consideramos que é clave aunar toda a oferta en materia de recursos para turistas e visitantes de cara a esta ou outras campañas promocionais que poidamos facer dende o Concello”, indica Margarita Campos.
Contrato coa Central de Reservas Por outra banda, e tamén dentro do marco do Grupo Área de Santiago, á que pertence Silleda, os aloxamentos terán a oportunidade de darse de alta na Central de Reservas Oficial de Santiago de Compostela e arredores. Trátase dun servizo de Turismo de Santiago, xestionado baixo concesión, para realizar reservas on-line, telefónicas e en mostrador de aloxamentos, actividades, transporte… a cambio da comisión habitual da comercialización. Esta central, a diferencia doutros sites está baseada na localcidade, polo que se garanten aos clientes unha planificación completa da súa estancia en Compostela e arredores. Entre as vantaxes figura tamén o feito de que ao pertencer á Administración pública municipal, os fondos acadados como resultado da comercialización revirten directamente na mellora da promoción, servizos e produtos turísticos do destino. A versión on-line está ademais aloxada na web de santiago turismo. Todos os establecementos de aloxamento que estén interesados poden informarse no Concello, xa que neste mes de outubro abriuse un novo plazo para dar de alta novos aloxamentos nesta central, asinando o preceptivo contrato. “Cremos que se trata dunha magnífica oportunidade para que os hostais, hoteles ou establecementos de turismo rural de Silleda amplíen as súas posibilidades de negocio, tendo en conta as posibilidades e vantaxes que ofrece esta central ao pertencer a un organismo público”, engade a concelleira.
Publicado: 2013-10-14 |