The weather in Silleda
Day In the morning In the afternoon Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
|
Home -> News |
Novo horario de inverno para as visitas ao Mosteiro de CarboeiroO horario do mosteiro de Carboeiro cambiarase a partir de mañá venres, con novos axustes debido as condicións climatolóxicas e a falta de luz, nesta época do ano, ademais do constatado descenso de visitas de particulares entre novembro e mediados de febreiro. Así, o mosteiro abrirá só os xoves e venres, en horario de 12.00 a 16.00 horas, de xeito ininterrumpido. Na fin de semana, os sábados e domingos, así coma nos días festivos, o edificio románico estará aberto ao público dende as 11.00 ata as 17.00 horas, tamén de xeito continuado. “Tendo en conta as condicións de luz, temperatura, e a reducción considerable nas visitas nos primeiros días da semana, dende o departamento consideramos que este novo horario se axeita mellora para a época do ano en que estamos”, sinala a concelleira de Turismo, Margarita Campos. Con todo, para as visitas de grupos organizados o mosteiro abrirase calquera día da semana, sempre que estén concertadas previamente. “Os martes e mércores son, con diferencia sobrada, os días de menor afluenza”, explica Margarita Campos, remitíndose a datos dos últimos anos. “Non é operativo ter nestas xornadas o mosteiro aberto por 2 ou 3 visitantes, pero en todo caso, reiteramos que sempre que un grupo organizado solicite visitar o mosteiro, éste abrirase o dia que sexa á hora que o soliciten”, engade. Margarita Campos advirte que, de feito, a práctica totalidade das visitas que se realizan nos meses de inverno, sobre todo entre novembro e mediados de febreiro, corresponde precisamente a grupos organizados.
Publicado: 2013-11-06 |