App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O mosteiro de Carboeiro acolle a mostra fotográfica Lembranzas do Deza, de Ángel Utrera Baza

A sala de Exposicións do Mosteiro de Carboeiro acolle dende o 1 de agosto ata o 15 de setembro unha nova exposición, que acompañará as da Escola Rural cedida pola Casa do Patrón e a dos Xenerais do Ulla do propio colectivo no que se integra o Concello . na compaña doutros oito.

 O autor Angel Utrera veciño de Agolada presenta baixo o título xenérico de LEMBRANZAS DO DEZA un conxunto de 50 fotografías, de tamaño A6, ( 30 x 45 cm) en branco e negro e cor, montadas mediante reprodución dixital sobre cartón pluma.

 

Trátase de instantáneas que foron tomadas  no entorno natural da comarca do Deza, cunha temática variada onde predomina fundamentalmente, o patrimonio, a etnografía e costumes e todos aqueles detalles de diferentes obxectos marcados polo paso do tempo, como as ventás e as portas vellas, por exemplo.

 

Como xa ten dito nalgunhas ocasións, Utrera mostra a realidade tal cual é, porque “ cada foto é unha historia  que tenta captar a atmósfera, as penas, as alegrías e as vivencias dunha fiestra rota, un Carballo seco ou unha fonte desviada”.

 

Una mostra que xa andivo de parede en parede por outros lugares como Agolada, A Estrada ou Santiago e que a Concellería de Cultura e Turismo buscou  con interese para amosala ma cantos veciños e visitantes se acercan nesta época estival a Carboeiro e que poden acadar un número de 2.200 visitas por mes.  

Novo horario ata o 15 de outubro

Por outra banda, o mosteiro de Carboeiro conta con novo horario ata o vindeiro 15 de outubro. O edificio estará pechado o luns todo o día, e de martes a venres abrirá as súas portas, de 14.00 a 20.00 horas. O horario nas xornadas de sábados, domingos e festivos será de 12.00 a 14.00 e de 15.00 a 20.00 horas.

 

 

 

Publicado: 2014-08-05