App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O programa de Sendeiros Rías Baixas chega a Silleda o 12 de outubro co Roteiro da Auga de Parada como protagonista

Silleda, 18 de setembro de 2014. A Ruta da Auga de Parada forma parte este ano do calendario de Sendeiros Rías Baixas, que botou a andar o pasado mes de maio. A ruta silledense, un roteiro circular de 6,7 kilómetros de lonxitude, celebrarase o vindeiro domingo  día 12 de outubro.

Todas aquelas persoas que desexen participar nesta cita, totalmente gratuita, deben de anotarse antes do 8 de outubro. Para obter información e realizar inscricións as persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de Silleda, realizadas a través da web da Deputación de Pontevedra o por vía telefónica, chamando ao 986 090898.

Esta ruta pasa por diferentes fontes e lavadoiros que foron restaurados no ano 2008. Parte do lugar de Buxos e discorre de forma circular percorrendo muíños, fontes e lavadoiros , coa auga como elemento protagonista. Natureza, etnografía, tradición e paisaxe fúndense no percorrido de Parada, coa fonte de Redemuiños, a de Rego do Foxo, o lavadoiro de Barreo, a fonte do Piollo, a de Fraiz ou a de Buxos.

Deste xeito a Ruta da Auga de Parada súmase ás de Cangas, A Guarda –que se celebra este domingo nos Camiños do Monte Tegra-, O Grove, en setembro, e Forcarei, co sendeiro de Pontes do Lérez, que pecha o calendario en novembro.

PR-G124 Ruta da Auga, Fontes e Lavadoiros de Parada

 

 

Publicado: 2014-10-03