The weather in Silleda
Day In the morning In the afternoon Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
|
Home -> News |
O roteiro arqueolóxico de Oleiros volta o vindeiro sábado 25 e levará o nome de Julio RivasO roteiro arqueolóxico de Oleiros volta o vindeiro sábado día 25 e levará o nome de Julio Rivas
-A asociación de veciños da parroquia en colaboración co Concello promove a terceira edición desta visita, guiada polo arqueólogo Israel Picón
Silleda, 15 de outubro de 2014. O vindeiro sábado día 25 celébrase o III Roteiro Arqueolóxico Julio Rivas na parroquia de Oleiros. A Asociación de Veciños San Miguel de Oleiros en colaboración co Concello de Silleda organiza esta nova edición da cita, que naceu para a posta en valor dunha das áreas arqueolóxicas máis peculiares de Galicia, na que se concentran –ademais de tres castros, o de Montaz, o das Orelas e o da Casanova- unha ducia de petroglifos e dúas mámoas.
Trátase dunha área única en Galicia pola elevada concentración de elementos patrimoniais nunha zona tan reducida, e polo valor paisaxístico e medioambiental. Con esta terceira edición búscase consolidar o roteiro, que a partir de agora levará ademais o nome de Julio Rivas, gran valedor desta zona, amante da natureza e da arqueoloxía ao que se lle debe o descubrimento de monumentos coma a mámoa da Porta do Carro. A asociación quere rendir así homenaxe póstuma a este veciño de Silleda, falecido repentinamente en maio de 2013, aos 43 anos. O roteiro, de uns 5 kilómetros, partirá ás 10.00 horas dende a Parrillada O Carballo. Un ano máis, contará coas explicacións do arqueólogo silledense Israel Picón, que guiará aos asistentes polos distintos restos arqueolóxicos da zona. Está previsto visitar a Pena das Cazolas, na parroquia veciña de Laro, o petroglifo de Chao dos Petos e o Castro Montaz, en Oleiros e tamén o petróglifo de Pena Longa, xa en Cortegada. Ao remate, igual que en anos anteriores os asistentes que o desexen poderán xantar na parrillada O Carballo, con un menú opcional por 10 euros. As reservas poden facerse ata o venres 24 chamando ao 986 581528. Nas dúas primeiras edicións este roteiro arqueolóxico congregou a un bo número de persoas que coñecían grazas a esta iniciativa estas paraxes e os xacementos arqueolóxicos que albergan. Con esta terceira edición, dende a Asociación de Veciños de Oleiros búscase consolidar este roteiro, que destaca tamén polo seu valor paisaxístico. Dende a organización recomendase audir con roupa cómoda e calzado axeitado para caminar por zonas de monte.
Publicado: 2014-10-16 |