App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

As áreas de pesca de Silleda, incluídas na iniciativa de dinamización turísticas dende Área de Santiago

As áreas de pesca de Silleda, incluídos na iniciativa para dinamizar o turismo dende Área de Santiago

Silleda, 27 de novembro de 2014. O Concello de Silleda, a través do departamento municipal de Turismo, que dirixe Margarita Campos, vén de informar aos establecementos de turismo rural do municipio dunha interesante iniciativa coa pesca como protagonista. Así, o vindeiro mércores día 3 de decembro celebrarase en Santiago (no edificio Cersia) unha xornada de dinamización sobre a creación do produto turístico de pesca fluvial, promovida polo grupo Área de Santiago, no que figuran 16 municipios.

“Dende o Concello queremos animar aos responsables das casas de turismo rural a que se inscriban nesta xornada, na que tamén participarán representantes dos concellos, técnicos e asesores para falar dunha  liña de traballo estratéxica para o sector”, indica a concelleira.

O obxectivo principal da xornada, para a que os hostaleiros se poden inscribir ata o vindeiro domingo día 30, é xerar un espazo de encontro ou , analizar as potencialidades do territorio en torno á pesca como reclamo turístico, entre outros.  Dende o departamento municipal de turismo xa se remitiron cartas informando sobre os detalles da xornada e as inscricións, que tamén poden realizarse a través do propio Concello. A xornada, de 16.00 a 19.45 é totalmente gratuita.

Dentro do proxecto turístico dedicado á pesca , para Silleda seleccionáronse os seguintes  Coutos, Especies e modalidades:

 Couto do Río Ulla na desembocadura do Rio Deza: Especie Salmón Réxime: Couto sen morte.

Couto de Pesca de Silleda: Especie: Troita. Réxime: Couto normal..

Couto: Río Deza ao seu paso polo concello. Especie: Troita. Réxime: Libre sen morte.

Este proxecto está concebido para ser realizado durante 4 días completos de xoves a domingo de ahí a importancia de que asistan os representantes do Turismo Rural para que coñezan este produto  e fagan as súas ofertas.

 “Consideramos que a pesca fluvial é un bo recurso para dinamizar o turismo”, engade Margarita Campos, “polo que cremos interesante para os membros do turismo rural asistir a esta xornada”.

 

 

 

 

 

 

Publicado: 2014-12-02