App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

O Concello de Silleda deseña un proxecto de sinalización e interpretación do Románico

Silleda, 20 de abril de 2015. O Concello de Silleda vén de presentar un proxecto para a creación dun roteiro do románico á liña de axudas convocadas mediante a resolución do pasado 6 de marzo, pola que se  establecen las bases reguladoras para concesión de subvencións  a concellos para fomento de accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos no medio rural.  

Dende o Concello advírtese que nos últimos anos a influenza do sector turístico deixouse notar con forza no municipio, destacando entre os recursos do territorio silledenses os de tipo histórico, patrimonial e artístico-relixioso.

As diversas igrexas románicas paralelas ao Camiño de Santiago, co mosteiro benedictino de Carboeiro, símbolo do mellor románico oxival de Galicia, como un dos emblemas, protagonizan esta nova aposta do Concello de Silleda.

Logo de dar os primeiros pasos no ano 2007 para unha primeira sinalización dos templos románicos, con este proxecto, que conta cun orzamento total de 11.600 euros, búscase crear un sistema de sinalización de uso público para a interpretación do patrimonio relixioso no termo municipal de Silleda.

“Queremos complementar a mellorar o proxecto anterior ofrecendo aos milleiros de visitantes que se achegan cada ano a Silleda, en particular aos que optan por un turismo de tipo cultural,  un novo aliciente, promocionando os moitos exemplos do estilo románico que temos nas parroquias”, engade o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando ademais que as ilustraccións colocadas no ano 2008 se atopan xa moi deterioradas “ e non cumpren a función para a que foron deseñadas”.

O proxecto busca unha sinalización uniformada con paneis interpretativos, tendo en conta as características propias do contorno relacionado co patrimonio relixioso, para darlle aos vecisitantes unha información básica dos valores patrimoniais que representan.

Ademais do mosteiro de Carboeiro, figuran no listado de templos relixiosos do proxecto a igrexa de Santiago de Breixa, San Pedro de Ansemil, o conxunto relixoso de Abades; San Martiño de Dornelas; San Salvador de Escuadro; San Martiño de Fiestras; San Mamede de O Castro; e a igrexa de Santiago de Taboada.

Os paneis serán sinxelos, tanto no deseño como na estrutura, respetuosos co patrimonio, e con materais de calidade (no tocante ás impresións con tintas solventes e resistentes a raios UVA, encapsulado…).

 

“Con esta iniciativa, que agardamos conte co visto bo da Axencia de Turismo de Galicia continuamos a poñer en valor os recursos patrimoniais do noso municipio, onde segue aumentando o número de turistas e visitantes”, engade o alcalde.  

Publicado: 2015-04-22