The weather in Silleda
Day In the morning In the afternoon Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
|
Home -> News |
O Concello de Silleda estudia a realización de visitas teatralizadas ao Mosteiro de CarboeiroSilleda, 11 de agosto de 2017. O Concello de Silleda a través da Concellería de Turismo, que dirixe Ana Luisa González, estudia a posibilidade de levar ao mosteiro de Carboeiro visitas teatralizadas a fin de continuar promovendo o coñecemento arredor deste emblema histórico e patrimonial. A concelleira mantivo xa un encontro cos membros de Limiar Teatro, que formularon xa “unha interesante proposta que agora estudiaremos de cara á súa posta en marcha”, engade. A posta en escea de distintos episodios vinculados á historia do mosteiro benedictino, lendas coma a da Ponte do Demos, ou a importancia da zona durante a chamada febre do wolframio. “Cremos que pode ser unha forma amena e distinta de descubrir e coñecer a historia e importancia deste mosteiro e o seu entorno en distintas épocas”, engade a concelleira, sinalando que a proposta para realizar visitas teatralizadas “daría un plus á hora de divulgar Carboeiro, un dos referentes turísticos do interior de Galicia que cada ano visitan milleiros de persoas”, engade. Estase a barallar a posibilidade de, de materializarse a proposta, estableceríase un periodo para a realización das visitas, prevendo tamén visitas específicas para grupos e colectivos locais así coma escolares.ntes. O mosteiro segue a bater récords de asistencia cada ano, co aumento de visitas non só durante os meses de verán. “Cada vez son máis as persoas e grupos que nos visitan e disfrutan do mosteiro e do seu entorno”, engade Ana Luisa González.
Publicado: 0000-00-00 |