App Store Carboeiro 
 
The weather in Silleda
Day

In the morning

In the afternoon

Minimum:
Maximum:
Courtesy of Meteogalicia
 
Follow us: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Home -> News

Tres empresarios de Silleda promoven en colaboración coa Concellaría de Turismo a edición de 4.000 postais de Trasdeza

Tres empresarios de Silleda veñen de poñer na rúa un total de 8 postais con imaxes de lugares, monumentos e enclaves turísticos do municipio trasdezao. As estampas, que recollen un total de 16 instantáneas, foron presentadas hoxe polos promotores (Pilar Pena, de Librería Pili, Edita Crespo, de Estanco Edita e Manuel Núñez, de Técnicas e Gramaxe) xunto co concelleiro de Turismo de Silleda, Matías Rodríguez da Torre.


“A pretensión é dinamizar o patrimonio de Silleda e que esta iniciativa sirva como complemento para a difusión dende os establecementos do sector e tamén centros municipais”, explicou o concelleiro, que ademais felicitou aos promotores por vir a cubrir un baleiro no eido da promoción turística “xa que moitos turistas e visitantes viñan requerindo este material”, engadiu.


Do mesmo xeito, da Torre eloxiou a conxugación da iniciativa privada e a publica á hora dinamizar o turismo. As postais, das que se editaron 4.000 exemplares en total, están xa dende hoxe dispoñibles nos tres establecementos promotores, cos que poden poñerse en contacto todos
aqueles responsables de negocios de hostalería, casas de turismo rural, estacións de servizo, librarías… que estén interesadas en regalar ou vender as postais. O Concello de Silleda tamén contará con estas postais nos principais puntos de visita e interese.  O prezo de venda ao público é de 0,60 euros. Os promotores e Datorre amosaron durante a presentación o seu agradecemento a David Méndez, Alfredo Abeledo e o Colectivo para a recuperación dos Castros de Toiriz, que colaboraron aportando algunhas das imaxes.


Ademais dos dous grandes emblemas de Silleda, a Fervenza do Toxa e o mosteiro románico de Carboeiro, entre as imaxes figura unha vista aérea do Castro de Toiriz, o santuario da Saleta,  as igrexas de Dornelas, Ansemil e Abades, monumentos como o da Muller Labrega, ao Peregrino (en Taboada) ou do praza do Emigrante, e imaxes da vila.

Publicado: 2012-01-20