App Store Carboeiro 
 
El tiempo en Silleda
Para el día 17/11/2017

Por la Mañana

Por la Tarde

Mínima: 21
Máxima: 4
Cortesía de Meteogalicia
 
Síguenos en: Siguenos en facebookSiguenos en Twiter
Inicio -> Noticias

Éxito do roteiro de Goza Ulla, con máis de 60 participantes

Máis de 60 persoas participaron o pasado día 8 de xuño na segunda edición do programa Goza do Ulla en Silleda, co roteiro do Baixo Deza, entre Abades e Cira. O pazo da Viña, casa natal do escritor Ramón de Valenzuela, sumouse aos atractivos do roteiro, con 14 kilómetros e paradas explicativas na Mámoa da Chousa Nova, a Granxa Escola A Fervenza do Toxa, o conxunto relixioso de Abades ou o salto da Burata. A Asociación de Veciños A Costa de Abades tamén ofreceu unha degustación das afamadas rosquillas da localidade. O itinerario rematou na Xunta dos Ríos, en Cira. Dende a Concellería de Turismo agradécese a participación de todos os asistentes, así como a colaboración dos veciños.

Publicado: 2013-06-10